Técnicas de Aprendizaxe ao Estudo Eficaz
O TAE+ consiste nun programa que dota a alumnos/as de primaria e secundaria das técnicas e estratexias de apoio persoalizado e individualizado ao estudo.
Desde - Hasta: 01/07/2019 - Actualmente
Ao longo destes anos, observamos que en moitas ocasións os/as nenos/as e mozos/as que acoden aos nosos servizos presentan unha serie de dificultades a nivel académico e organizativo para superar con éxito os requisitos que se lle expoñen ao longo da súa vida educativa.
Así é como nace este proxecto que ten como obxectivo descubrir, adestrar e promover patróns de estudo autónomos que sexan apropiados para nenos con TDAH para lograr o maior rendemento posible nas tarefas escolares. Traballarase en áreas deficitarias como: organización e planificación do traballo, adestramento para a realización de exames, estratexias para mellorar a comprensión da lectura e a expresión escrita, etc. Todo isto, levará a cabo a través dunha metodoloxía lúdica, dinámica, participativa e personalizada. Por último, é de gran importancia recalcar que debe haber unha importante implicación por parte das familias.
Co obxectivo de poder ofrecer un servizo personalizado, o número de prazas é reducido (entre 4 e 8 nenos).
Para todos aqueles que interesados en acudir a este servizo realizarase a inscrición mediante o formulario de contacto desta páxina web.