O diagnóstico clínico

O diagnóstico do TDAH debe facerse de forma rigorosa e dedicándolle o tempo suficiente para obter información que axude a dilucidar se a persoa cumpre os criterios diagnósticos (ver máis adiante).Será necesario comezar pola realización dunha historia clínica completa.

Para realizar o diagnóstico de TDAH, os síntomas deberán xerar unha limitación do funcionamento da persoa en polo menos dous ambientes (familiar, escolar, social, laboral…). No subapartado de Probas diagnósticas especifícanse os diferentes recursos diagnósticos que se empregan en caso de sospeita de TDAH e/ou TA. No subapartado Recursos asistenciais e profesionais inclúense os profesionais e as unidades asistenciais aos que se debe acudir nestes casos. En canto aos factores que inflúen no desenvolvemento e evolución do TDAH detállanse no subapartado Factores de risco e de protección.

Actualmente existen dúas clasificacións para o diagnóstico: o DSM-V e a CIE-10, sendo o primeiro o máis utilizado. O manual máis utilizado polos profesionais sanitarios para diagnosticar trastornos mentais é o Diagnostic and Statistical Manual of Mental Disorders na súa 5º edición ( DSM-V), publicado pola Asociación Americana de Psiquiatría no ano 2013. No diagnóstico clínico do TDAH segundo este manual considéraselle da seguinte maneira, en base a unha serie de criterios:

A) Patrón persistente de inatención e/ou hiperactividade- impulsividad que interfere coa función ou o desenvolvemento, caracterizado por (1) e/ou (2)

1. Inatención: 6 ou máis dos seguintes síntomas, ou polo menos 5 para maiores de 16 anos, con persistencia durante polo menos 6 meses ata un grao inconsistente co nivel de desenvolvemento e que impacta negativamente nas actividades sociais e académicas/ocupacionais.

  • A miúdo non presta atención suficiente aos detalles ou incorre en erros por descoido nas tarefas escolares, no traballo ou noutras actividades.
  • A miúdo ten dificultades para manter a atención en tarefas ou en actividades lúdicas.
  • A miúdo parece non escoitar cando se lle fala directamente.
  • A miúdo non segue instrucións e non finaliza tarefas escolares, encargos, ou obrigacións no centro de traballo.
  • A miúdo ten dificultades para organizar tarefas e actividades.
  • A miúdo evita, desgústalle ou é renuente en canto a dedicarse a tarefas que requiren un esforzo mental sostido.
  • A miúdo extravía obxectos necesarios para tarefas ou actividades.
  • A miúdo distráese facilmente por estímulos irrelevantes.
  • A miúdo é descoidado nas actividades diarias.

2. Hiperactividade e impulsividad: 6 ou máis dos seguintes síntomas, ou polo menos 5 para maiores de 16 anos, con persistencia durante polo menos 6 meses ata un grao inconsistente co nivel de desenvolvemento e que impacta negativamente nas actividades sociais e académicas/ocupacionais.

  • A miúdo move en exceso mans ou pés, ou se remove no seu asento.
  • A miúdo abandona o seu asento na clase ou noutras situacións en que se espera que permaneza sentado.
  • A miúdo corre ou salta excesivamente en situacións en que é inapropiado facelo.
  • A miúdo ten dificultades para xogar ou dedicarse tranquilamente a actividades de lecer.
  • A miúdo “está en marcha” ou adoita actuar coma se tivese un motor.
  • A miúdo fala en exceso.
  • A miúdo precipita respostas antes de ser completadas as preguntas.
  • A miúdo ten dificultades para gardar quenda.
  • A miúdo interrompe ou se inmisce nas actividades doutros.

B) Algúns síntomas de desatención ou hiperactividade- impulsividad estaban presentes antes dos 12 anos de idade.

C) Algúns síntomas de desatención ou hiperactividade- impulsividad preséntanse en dúas ou máis ambientes (por exemplo, en casa, escola ou traballo; con amigos ou familiares; noutras actividades).

D) Existen probas claras de que os síntomas interferen ou reducen a calidade da actividade social, académica ou laboral.

E) Os síntomas non aparecen exclusivamente motivados por esquizofrenia ou outro trastorno psicótico, e non se explican mellor pola presenza doutro trastorno mental (trastornos do estado de ánimo, ansiedade, trastorno disociativo, trastorno da personalidade, abuso de substancias ou síndrome de abstinencia).

Nota: especificarase se a presentación do trastorno é predominantemente de desatención, de hiperactividade/ impulsividad ou combinada, se se atopa en remisión parcial e se o grao de afectación actual é leve, moderada ou severa.

En base a isto, podemos atopar tres clasificacións do TDAH:

  • Presentación combinada, cando se cumpren o criterio de inatención (A1) e o de hiperactividade- impulsividad (A2), durante os últimos 6 meses.
  • Presentación predominante con falta de atención, cando se cumpre o criterio de inatención pero non o de hiperactividade- impulsividad, durante os últimos 6 meses.
  • Presentación predominante hiperactiva-impulsiva, cando se cumpre o criterio de hiperactividade- impulsividad pero non o de inatención, durante os últimos 6 meses.

Desde a Fundación INGADA dispoñemos de consultas clínicas nas que se presta asesoramento e valoración por parte de membros do noso Departamento Clínico.

      Imprimir