Evidencia científica

A prevalencia do TDAH na infancia é de 5,27% e do 4,4% na idade adulta, segundo estudos de Polanczyk et al (2007). Existe evidencia científica sobre o compoñente xenético do TDAH. A causa é xenética nun 75%. Para a maioría dos afectados ten unha base xenética, o que non significa que as súas manifestacións non poidan modularse en función de determinados condicionantes ambientais. 

A expresión dos síntomas típicos do TDAH vén mediada por unha alteración nas funcións executivas. Isto orixínase por unha irregularidade na conexión entre diferentes redes de neuronas situadas nalgunhas áreas do cerebro.

A Dopamina (DA) e a Noradrenalina (NA) son os neurotransmisores fundamentais dos circuítos asociados ao TDAH. A principal diferenza nos suxeitos afectos de TDAH é a súa menor dispoñibilidade (en comparación cas sans) da DA e NA no espazo intersináptico das neuronas. Estas diferenzas na proporcionalidade de neurotransmisores localízanse en certas rexións do cerebro, en especial: 

  • Lóbulos frontais
  • Glangios da base

Existe evidencia científica en base a estudos de diversas índoles: 

  • Achados xenéticos
  • Estudos con animais
  • Estudos con Neuroimaxen funcional
  • Estudos neurofarmacolóxicos (mecanismo de acción de medicamentos para tratar o TDAH)

No TDAH hai un aumento de actividade do sistema transportador de dopamina e diminución na sensibilidade de receptores. (Madras MK, et al. The Dopamine transporter: Relevance to ADHD. Behav Brain Res 2002; 130:57-63), (DiMaio S, et al. Dopamine genes and attention-deficit hyperactivity disorder:a review. J Psychiatry Neurosci 2003; 28:27-38), (Mulas et al. Actualización terapéutica en el trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividad: Metilfenidato de liberación proloongada. Rev Neurol 2005; 40 (Supl 1): S49-S55).

En estudos de neuroimaxen estrutural percíbense anomalías anatómicas

  • Lentificación no desenvolvemento cerebral e lixeira diminución do volume cerebral total. 
  • Anomalías en estruturas cerebrais:
    • Menor tamaño de córtex frontal. 
    • Menor tamaño de ganglios basales.
    • Menor tamaño do cerebelo (vermis). 

(Mostofsky et al. Biol Psychiatry 2002; 52: 785-79).

      Imprimir