Recursos asistenciais e profesionais

Á hora de establecer un diagnóstico, tratamento e seguimento da evolución dunha persoa con  TDAH e/ou Trastornos Asociados, existen unha serie de recursos cunha maior ou menor especificidade. Nun primeiro momento, será o médico de familia ou pediatra de atención primaria, na maioría dos casos, o que detecte a posibilidade ou existencia de dificultades ou características que indiquen a presenza de TDAH e/ou Trastornos Asociados. Nalgúns casos, a detección da problemática pódese dar no centro educativo, nese caso, débese pedir información  e asesoramento  ao médico de familia ou pediatra de atención primaria. Os casos sinxelos poden ser abordados polo médico de atención pirmaria.


En casos complexos, con patoloxía comórbida asociada ou que non respondan o tratamento inicial, realizarase interconsulta a Psiquiatras  Infanto-xuvenís ou de Adultos ou a os Neuropediatras, segundo o caso que se trate e as manifestacións clínicas. Eles serán os encargados de realizar a valoración, diagnóstico e seguimento do tratamento.


Ademais, existen Departamentos de Orientación nos centros educativos que poden facer unha avaliación  psicopedagógica das necesidades do menor, así como Equipo de Orientación Específico ( EOE) . Estes últimos son axentes externos de apoio especializado á orientación dos centros educativos, que elaboran programas de intervención, materiais e recursos que poden contribuír a dar unha adecuada resposta educativa nos centros. Dentro da comunidade universitaria, podemos contar coas Unidades de Atención á Diversidade das diferentes universidades, que prestan servizo de asesoramento, atención individualizada, eliminación de barreiras, entre outros, aos alumnos con diversidade funcional.


Dende a Fundación  INGADA, ofrécense varias posibilidades asistenciais como a consulta médica de asesoramento en Coruña e Ferrol ou o Punto de Asesoramento Familiar na comarca de Ferrolterra. Para coñecer máis información sobre este recurso, pica aquí

      Imprimir