Terapia Ocupacional
Dende o noso servizo de Terapia Ocupacional promóvese unha rehabilitación `psicosocial das persoas con TDAH, traballando a independencia para lograr unha vida plena e satisfactoria.
Desde - Hasta: 01/01/2016 - Actualmente
Según a Organización Mundial da Saúde (OMS), a terapia ocupacional é "o conxunto de técnicas, métodos e actuacións que, a través de actividades aplicadas con fins terapéuticos, prevén e mantén a saúde, favorece a restauración da función, suple os déficits invalidantes e valora os supostos comportamentais e a súa significación profunda para conseguir as maiores independencia e reinserción posiblesdo individuo en tódolos seus aspectos: laboral, mental, físico e social".
Así, dende o noso servicio de Terapia Ocupacional promóvese unha rehabilitación psicosocial das persoas con TDAH, traballando a independencia para lograr unha vida plena e satisfactoria.
As persoas con TDAH presentan unha serie de características que, en ocasións, facilitan que poidan presentarse dificultades áhora de realizar certas actividades e tarefas, influíndo no desempeño das actividades que leva a cabo a persoa e producindo un desequilibrio ocupacional. Por exemplo, un neno de 5 anos que ten dificultades no procesamento sensorial a nivel táctil pode chegar a presentar limitacións en actividades da vida diaria como o vestido, a alimentación o a hixiene.
Este desequilibrio ocupacional pode influir na calidade de vida das persoas, así como as dificultades e limitacións na autoestima e autoconcepto da mesma. Por este motivo é importante potenciar os aspectos positivos e enfocarlos negativos dende unha perspectiva adecuada á persoa.
Algúns dos obxectivos planteados neste servicio son:
• Potenciar as habilidades motrices deficitarias e controlalo exceso de actividade e impulsividade que dificulta a realización diaria de fescolares. Traballarase con actividades que melloren a coordinación motora grosa e fina, lateralidade, praxias...
• Nutrir sensorialmente ao neno/a mediante actividades con diversas cargas sensoriais, dependendo das características do usuario (nalgúns casos potenciaranse os estímulos sensoriais e noutros casos disminuiranse), sobre todo nos ámbitos proprioceptivo, vestibular e táctil.
• Crear estratexias de interacción adecuadas para o logro da integración do neno no seu entorno social (familiar e escolar especialmente).
• Desenvolver habilidades conductuales e cognitivas necesarias para adquirila máxima autonomía e integración social do neno, evitando así o rexeitamento e aislamiento social.
• Orientar e asesorar ás familias e dotalas de estratexias e recursos para potenciala autonomía e satisfacción persoal do neno/a na realización das actividades da vida diaria. Estas poden ser establecer rutinas e horarios, traballala responsabilidade asumida pola persoa e reducir estímulos, entre outros.